O Foro Colaborativo para o Emprego (FOCO 2015) integra un
amplo programa de actividades como espazo de encontro e para mellora das
competencias das persoas asistentes.
O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas.
Igualmente o FOCO 2015 é un espazo para o diálogo e a participación no proceso de construción dun Plano de Emprego para Santiago de Compostela.
Polo tanto, entre as actividades do Foro podemos sinalar:

- Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro.
- Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións.
- Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas.
- Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas.
- Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego.
- Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego.
- Máis información http://axencialocaldecolocacion.org/foco-emprego-2015/presentacion
No hay comentarios:
Publicar un comentario