Este xoves, 13 de
febreiro de 2014, contaremos coa presenza de Montse Fajardo, periodista vilagarciana, que virá a presentarnos o
seu primeiro libro “Matriarcas, Mulleres
en Pé de Vida”.
“Matriarcas”,
recolle as testemuñas de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que,
contando as súas vidas, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a
sociedade galega da posguerra.
O perfil das entrevistadas é heteroxéneo. A meirande parte
coinciden no mesmo tramo de idade (naceron nos anos 20 e 30), máis pertencen a
profesións, status social e lugares distintos.
Nesta ocasión estará acompañada por Gloria Lijó,
protagonista de un dos dez capítulos do libro e a primeira muller enrolada nun
barco que ía á pescada en Marrocos.
Esta actividade está incluída no Programa “Memoria de
mulleres na escola” no que participa este CIFP e pretende servir de estímulo e
modelo para os traballos de investigación e recompilación a desenvolver polo
alumnado.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do CIFP ás 10:30 h.