lunes, 9 de febrero de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO EN LIÑA

Do 3 de marzo ao 29 de abril realizarase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico, na modalidade de teleformación, organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 19 de febreiro.

A solicitude de matrícula farase a través da zona de matrícula da EGAP https://egap.xunta.es/matricula/login.php.

Para maior información sobre a oferta formativa pincha aquí

Os cursos de nivel básico do ISSGA teñen validez para a validación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos na normativa ao respecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario