domingo, 9 de febrero de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MATRIARCAS, MULLERES EN PÉ DE VIDA"

Este xoves, 13 de febreiro de 2014, contaremos coa presenza de Montse Fajardo, periodista vilagarciana, que virá a presentarnos o seu primeiro libro “Matriarcas, Mulleres en Pé de Vida”.

“Matriarcas”, recolle as testemuñas de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que, contando as súas vidas, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a sociedade galega da posguerra.
O perfil das entrevistadas é heteroxéneo. A meirande parte coinciden no mesmo tramo de idade (naceron nos anos 20 e 30), máis pertencen a profesións, status social e lugares distintos.
Nesta ocasión estará acompañada por Gloria Lijó, protagonista de un dos dez capítulos do libro e a primeira muller enrolada nun barco que ía á pescada en Marrocos.

Esta actividade está incluída no Programa “Memoria de mulleres na escola” no que participa este CIFP e pretende servir de estímulo e modelo para os traballos de investigación e recompilación a desenvolver polo alumnado.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do CIFP ás 10:30 h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario