
A Consellería de Educación convoca este programa coa finalidade de fomentar o
espírito emprendedor e as iniciativas empresariais no sistema educativo
de Galicia.
Consiste na organización dun seminario onde se recibe unha
formación
práctica en distintos talleres de como concretar e deseñar un plan de
empresa e se facilita a oportunidade de acceder á rede de viveiros de
empresa dos centros educativos de Galicia.
Está dirixido a.
- Alumnado de ciclos formativos de formación profesional,
ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato
matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.
- Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.
A celebración do programa terá lugar nos centros educativos da rede de viveiros de empresa. En Pontevedra está ubicado no IES Luis Seoane
Prazo de inscrición aberto ata o 17 de setembo de 2013.
Máis información e solicitude de participación neste
enlace.